Axenda pechar

Pantalla1 É túa!

Axenda Vieiros é o primeiro organizador electrónico galego, é a primeira vez que dende Galicia se elabora unha ferramenta destas características. E faise pensando nos lectores de Vieiros. A Axenda Vieiros permite programar o noso horario e gardar todos os datos da xente que nos interesa… e por fin en internet. Para que sempre os teñamos a man, alí onde vaiamos.
Pantalla3 Apunta todo o que tes que facer

Coa Axenda Vieiros podes programar o teu horario… ata dentro de seis anos. Unha cita para cear, que tes que pagar o piso o día 3 de cada mes, lembrarse de gravar a teleserie dos mércores e apuntar todo o que tes que facer no traballo ata a fin do mes é posible coa Axenda Vieiros. Anota todo nela, e poderalo consultar dende calquera parte e en calquera momento.
Pantalla2 Coas datas que importan

Os festivos, as efemérides máis relevantes de Galicia, as datas de aniversario dos teus amigos e amigas, os santos do día ou se a lúa está medrando ou minguando. Non se che pasará ningún día importante… se ti non queres.
Pantalla4 A xente que te rodea

Axenda Vieiros ten un libro de enderezos que che permite anotar todos os contactos que ti queiras e ordenalos por carpetas: os amigos, os compañeiros de aerobic, a xente do traballo… con teléfonos, correo electrónico, enderezo físico e día do aniversario.
Pantalla5
Para moverte pola web

Tamén podes apuntar na Axenda Vieiros as webs que queres ter sempre contigo, para que vaian onde ti vas, sen que che importe andar cambiando de computador ou de navegador.

Rexístrate xa!!



Volver | Pechar