Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Pepa e Davide & Madamme Cell

Meneo de Barra (25)

Meneo de Barra (25) Pepa Yáñez e Davide Salvado xa levan anos revolvendo na escena artística galaica. Tras sacudir, impresionar e conmocionar a tan diverso público no seu decorrer por Galicia cos seus orixinais espectáculos de cabaré, regresan cunha proposta musical nova da man dun vello acompañante prodixioso Madamme Cell (Nacho Muñoz) ao piano e programacións electrónicas. Eles din que o estilo pódese chamar Glam-Electro Trad, puxéronllo eles e queda ben, igual que o negro, que vai con todo... eles disto dan boa fe no seu novo directo.

O tema que nos presentan é "Meneo de Barra". Tenta ser un ghit de verán, entre outras cousas pola súa letra que nos ofrece uns pequenos consellos para a exposición solar e nos invita a facer nudismo este verán nas praias galegas. É probable que atopedes a Pepa e a Davide nalgunha delas, ¿en cal? Preparádevos.
Noise, suor, drum'bass, humidade, electro, saborrrr, cheiros de Marín, 70'house, bolero, Mariña Dor bisbarra de vacasciones, umm...
Meneo, meneo!

/Eu fun unha vez a Barra nunha eu a Barra fora, atopeime con un vello tocando na castañola, tocando na castañola, tocando na castañola, tocando na castañola, eun fun unha vez a Barra nunca eu a Barra fora/ Se queres poñerte o sol máis de quince días o ano vente este vrao a Galiza e pilla un bono solarium, e pilla un bono solarium, e pilla un bono solarium, se queres poñerte ó sol máis de quince días o ano/ Anda Maruxiña non vaias a herba que sen a biseira xa logo te queimas, xa logo te queimas, xa logo "tetorras", anda Maruxiña non vaias sen gorra/ Se queres conseguir pronto un bó moreno sen marcas, primeiro quita a camisa e despois quitalas chanclas, e despois quitalas chanclas, e despois quitalas chanclas, se queres conseguir pronto un bó moreno sen marcas/ Anda Maruxiña non vaias á herba... / Sexo nas Ons... / sexo nas Cíes Cíes... /...nasOns de Breogán/ Oh oh! Raio de sol... / Maruxiña, a gorra, te queimas, "tetorras"... /


0 votos

28 Comentario(s)

kaskada - 14/06/2008 03:14

kaskada  a canción mola, a pepa canta ben, pero o tipo ese penso que lle faltan uns cantos veraniños!

Escultorasorey - 14/06/2008 06:12

Escultorasorey  Presta, presta! Pepa, Ich liebe dich!

nomediodomar - 15/06/2008 11:21

nomediodomar  parabéns!!! é do mellor deste ano, góstame moito... é sensual e moi orixinal... de verdade, parabéns!!! beijos dende o mar peque, (agardámoste ppa) ;-DDDD

musa - 16/06/2008 12:17

musa  ummmmm....o davide canta de luxx...e a pepa mellorando mais e mais.........mola mil... bravo por madamme!!!!

lercha - 16/06/2008 01:03

lercha  Non coincido para nada co comentário de Kascada; o Davide é o mellor pandereteiro galego ademais de ter unha voz preciosa. Bueno...coincido no de Pepa, divina, como sempre. A canción fantástica!! E esa portada?! O máximo. E quen é Madame Cell?? A ver se vos vemos en Barra.

lercha - 16/06/2008 01:25

lercha  Ah! Nacho Muñoz. Vale

kaskada - 16/06/2008 03:37

kaskada  o chaval é o melhor pandereiteiro galego, e juan pardo é o noso mellor teórico, beatriz manjón a mellor literata y por el monte las sardinas, tralará

augustodubois - 16/06/2008 05:51

augustodubois  ... e kaskada é o noso mellor troll

Franl - 16/06/2008 06:10

Franl  Fantastique. Magnifique. E que rabeen os repunantes...

Franl - 16/06/2008 06:28

Franl  Dancing over petoutos nunha everlasting montesía-party-cabaret... Meneo, meneo.

lercha - 17/06/2008 11:37

lercha  Como imos saber como toca o Davide a pandereta se non saímos de diante da tele?

mariamendu - 17/06/2008 12:55

mariamendu  Eu tiven a sorte de disfrutar da súa actuación na Sala Aturuxo e... Esou desexando que volten a actuar por aquí para ir velos. Incriblemente incribles!!! Noraboa

kaskada - 17/06/2008 11:57

kaskada  po faale, po fuueeno, xa calo a boca e un voto para voçés, que ben o merecen!

yola - 19/06/2008 10:53

yola  holan juapiños,gostame moito o tema e vos máis

yola - 19/06/2008 10:54

yola  Dende Mourente con amor, esta xeniaaallll

Franl - 20/06/2008 10:45

Franl  Pasen e vexan o video total, o novo nonplusultra... qän? qän? A disfrutar co DÚO ESTÚPIDO MASCALZONE... Agora duoblemente mascalzone... Accedan á seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=zQgyhUTkSVg ... e non olviden vitaminarse e supermineralizarse... lonxe da lonxa...

repunante - 21/06/2008 12:47

repunante  Eu secundo a kaskada.

ouruga - 22/06/2008 01:44

ouruga  que surprise...! hai que reconhecer que estes dous grandes artistas nom mostran todo o seu poderío neste tema...pero como canción de verán cumple!haahha.a min encántanme...con ese toque picantón sempre...

DoutorEsweider - 30/06/2008 04:10

DoutorEsweider  que passa que este fio está durmido? saúdos mascalzónicos!

Gayteiro - 02/07/2008 09:27

Gayteiro  Mais do mesmo. Cantan o de sempre e pior que nunca. Sempre lles queda a irmau da Pepa (ex-vieiros.com). Vai.

lerchaidancing - 03/07/2008 12:10

lerchaidancing  a canción é total. sorte¡¡

Escultorasorey - 08/07/2008 01:01

Escultorasorey  Ummmm gosto!

ppinha - 10/07/2008 06:16

ppinha  quen carallo será kascada?

insua - 12/07/2008 01:44

insua  Este trio fai unha das cousas máis interesantes de todo o concurso. Boas intencións, resolucións limpas, mistura de electrónica e melodías modais antergas, letra irónica e sublime -si, hai que atender a letra para saber o que-. Eu creo que darían unha boa imaxe na Laponia.

Gayteiro - 15/07/2008 12:49

Gayteiro  tes moita razón kaskada. Hai moitos aproveitados e figuríns. O de cantar, pouquinho de todo.

KBS - 30/07/2008 08:01

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 03:09

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott

bolboreta_GZ - 22/08/2008 01:24

bolboreta_GZ  Coma sempre , xeniais!