Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08

Buscamos a canción galega do verán

Bases do concurso

  1. Poderán participar no concurso grupos ou solistas de todo o mundo, con cancións gravadas de creación propia que teñan a letra en galego. As cancións serán de tema libre pero terán que ir orientadas a ser un ghit estival. A organización terá en conta este criterio á hora de desbotar posíbeis candidatas, que ademais deberán cumprir un mínimo de calidade acústica e musical.
  2. As gravacións poderán presentarse ao concurso en CD audio ou nun arquivo de son en formato MP3 cun bitrate mínimo de 256 kbps ou cun vídeo. Os participantes terán que enviar un pequeno texto describindo o tema, a letra e especificando os intérpretes que participan na canción. Tamén terán que facilitar varias imaxes.
  3. Deben enviarse dúas copias de cada peza, unha a Radio Galega- San Marcos 15703 Santiago e outra a Vieiros - Rúa do Pombal, 43 Baixo - 15705 Santiago de Compostela. Tamén poderán enviarse por correo electrónico a apologhit@crtvg.es e mais apologhit@vieiros.com. O Mércores 29 de xullo pecharase o prazo para recibir cancións.
  4. As cancións participantes iranse publicando na web do concurso por orde de chegada e serán difundidas a través dos programas da Radio Galega e da TVG. Os participantes ceden as súas obras baixo licenza Creative Commons que permite a libre desgarga, copia e distribución na rede e as obras derivadas, reservándose o dereito comercial.
  5. Nesta edición do concurso haberá 2 premios: o premio do público resultará das votacións dos oíntes e internautas, e o premio oficial do concurso, escollido por un xurado composto por persoas relevantes do mundo da música e da comunicación.
  6. O público poderá votar polas cancións publicadas durante todo o tempo que dure o concurso, a través da web e da Radio Galega. à fin de garantir a fiabilidade do voto electrónico, os usuarios deberán rexistrarse e só poderán emitir un voto cada día. Os oíntes da Radio Galega poderán votar a través de chamadas telefónicas aos programas da emisora e sms.
  7. O sábado 8 de agosto coñeceranse os dez finalistas, cinco escollidos polos votos dos internautas e outros cinco designados polo xurado. Abrirase así un novo prazo de votacións para escoller o gañador. A votación popular pecharase o mércores 13 de agosto ás 00:00.
  8. O sábado 22 de agosto daranse a coñecer as cancións gañadoras, tanto en Vieiros como no programa Extrarradio da Radio Galega.
  9. O principal premio de A Polo Ghit é a difusión das cancións participantes a través da radio e de internet. Así e todo, os gañadores das dúas categorías recibirán algo máis có recoñemento popular. Nas próximas semanas a organización comunicará a natureza dos premios desta edición do concurso: un para o gañador escollido polo xurado, e outro para a canción máis votada polo público. A organización establecerá as condicións nas que se farán efectivos os galardóns.
  10. Calquera situación non prevista nas bases será resolta pola organización de A Polo Ghit! 2009. Coa súa participación os concursantes comprométense a aceptar estas bases.

Como participar

Mándanos a túa canción gravada aos enderezos de correo electrónico apologhit(arroba)vieiros.com e mais apologhit(arroba)crtvg.es, ou por correo postal, poñendo no sobre "A polo ghit", a Vieiros. Rúa do Pombal 43, soto. 15705 Santiago de Compostela, e tamén a Extrarradio. Radio Galega. San Marcos. 15820 Santiago de Compostela.