$data_inicio_votacion=array(12,0,0,5,25,2010); // hora, minuto, seg, mes, dia , ano
$data_final_votacion=array(12,0,0,6,30,2010); // hora, minuto, seg, mes, dia , ano
$tipo_votacion=1; // 1 votacion de todas, 2 votacion de finalistas.
$id_edicion_temas=80; // A de cambiar cada año
$data_inicio_edicion=mktime(12, 0, 0, 5, 4, 2010); // A de cambiar cada año.
?>
SHIT PONY é o novo proxecto que comparten o artista multidisciplinar Snob Megalove e a musa punk Alex KoploBitch. Ningún dos dous sabe tocar instrumento ningún, así que desta volta enredaron ao Ionqui Estadella, afamado guitarrista de Power Metal Sinfónico, para que lles fixera o traballo sucio.
DAGON é o segundo single de SHIT PONY, un furolazo de Garaxe-Punk-Pop Lovecraftiano que nos fala de amor, praia e monstros mariños.
Co seu anterior single, SHIT PONY acadaron grande éxito no certame da canción violenta Berrobambán's Pressing Catch, sendo escollidos entre os gañadores co voto unánime do xurado. Snob Megalove e Alex Koplobitch son tamén integrantes de CREATIVOS CERO, a banda punk de culto que hai dous veráns puxera a bailar o Parlamento galego en pleno co seu "Antón Losada (Fiquei Namorada)".
Dagon Teño unha moza Eu teño unha moza Que naceu nun pobo Que se chama Emboca Anda nunha secta Fai cousas estrañas Ás veces eu penso Que non é ben dada
Íspese e vai para o mar Mergúllase ao caer o sol Ela ofrece o seu corpo Ao monstro mariño chamado Dagón Ela ofrece o seu ventre a Dagón Ela ofrece o seu sexo a Dagón
Teño unha moza Eu teño unha moza Que ten cara de peixe E os ollos de tola Non ten celulite Pero ten escamas Ponse moi cachonda Cando vai á praia
Íspese e vai para o mar Mergúllase ao caer o sol Ela ofrece o seu corpo Ao monstro mariño chamado Dagón Ela ofrece o seu ventre a Dagón Ela ofrece o seu sexo a Dagón