Nº13  Xuño 2010
  Contacto
	
	
 Molusco lamelibranquio do xénero Mytilius, da familia dos mitílidos, de cor negra no exterior e azul iridiscente no interior. Forma colonias de gran densidade sobre as rochas da zona intermareal. Moi apreciado en gastronomía, o seu cultivo (miticultura) existe dende tempos moi antigos. Ao seu redor xira unha multitude de tarefas que fan que “A vida de batea” se converta nun mundo apaixonante.
Molusco lamelibranquio do xénero Mytilius, da familia dos mitílidos, de cor negra no exterior e azul iridiscente no interior. Forma colonias de gran densidade sobre as rochas da zona intermareal. Moi apreciado en gastronomía, o seu cultivo (miticultura) existe dende tempos moi antigos. Ao seu redor xira unha multitude de tarefas que fan que “A vida de batea” se converta nun mundo apaixonante.	O mexillón galego (Mytilus galloprovincialis) é un molusco bivalvo que vive en comunidades máis ou menos numerosas na zona de mareas ou por debaixo destas, pero sempre en sitios de pouca profundidade. Atopase suxeito as rochas e adirese por medio do seu pé; biso. Este sistema é aproveitado polos miticultores galegos para fixalo as cordas que penden das bateas. 
O mexillón galego ten unha característica en forma de hacha, puntiaguda e grosa no seu extremo anterior, e moi longa e estreita na posterior. A súa cuncha está formada por dúas partes iguais de carbonato cálcico de cor negro azulado onde se ven as liñas que nos indican o seu crecemento. 
No seu aspecto interno, o manto, ten polo xeral unha cor alaranxada moi diferente a outras zonas de producción. O mexillón de Galicia é unha gran fonte proteínica de excelente calidade, o que o converte nun alimento de especial interese saudable. 
Na costa Atlántica atopánse as especies M. edulis e M. galloprovincialis, esta última é a máis común en Galicia. Existen tres tipos de mexillón: 


