Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Don Quixote 2009 (5)

Don Quixote 2009

por  Fachenda Galega
Ref #5
Descargar 135 Votos 77 Fans  Enviar
Pode un tema que vai contra as leis comerciais ser a canción do verán? Fachenda Galega, alter-ego de Manolo Abuín, volta a presentarse a concurso cun tema que anda entre o pop, o rap e a canción de autor máis reivindicativa. Música tranquila e letra dura para unha canción que os máis curiosos podedes escoitar tamén, pero cunha letra diferente, no MySpace da Liga Nacional de Billarda. Intérpretes: Manolo Abuín (programacións, guitarra, voz), Jorge Martínez (guitarras), Sito Súarez (baixo).

Letras

Son xigantes, amigo Sancho,
Disfrazados de centros comerciais,
Son xigantes, moi arrogantes,
Non te quedes tan ancho, reacciona antes de que sexa demasiado tarde.
Son mediáticos, e fachendosos,
Amparados no xogo sucio da publicidade.
Son inmensos, e numerosos;
Orgullosos de ser a base do sistema cruel que nos invade.
Son confiados na súa sorte,
Prepotentes maestros na nobre arte do desprezo;
Xa se achegan, pisando forte
Cos seus zoques pesados listos pra aplastar ao pequeno comercio.

Vivimos unha era de avaricia e ambición,
Estamos nas mans dos hipermercados.
As grandes superficies son a nosa devoción;
Toleamos cando vemos os seus saldos… Son rebaixas de ocasión.

Son xigantes, amigo Sancho,
Arrasando con todo no nome da competencia.
Son xigantes, monta un zafarrancho
De combate e loita para defender a túa independencia.
Son moi ricos, moi poderosos,
Todo está calculado pra poder influenciar a túa vontade.
Estupendos, esplendorosos,
Tes que facerlle caso pra sentirte parte desta sociedade

Os ventos comerciais sempre lle sopran a favor
Aos donos destes templos tan sagrados.
As grandes superficies son a túa redención,
Non deixes de aproveitar os seus saldos… Cairás na tentación

Aquí están, por todas partes,
Coas súas tendas, seus cines, súas hamburgueserías,
Aquí están, pra adoutrinarte
Na súa fé consumista porque son a relixión dos nosos días;
O opio do pobo, a salsa da vida, a orixe dos soños, o pan de cada día.
O calcio dos osos, a man que acaricia, a hora do almorzo da xente cautiva.
A xema do ovo, o ar que respiras, o neno no colo da nai presumida.
A espiga praos corvos, a fouce esquecida, a lingoa do lobo que lambe feridas.
A présa dos mortos, a sorte vendida, os cantos dos tolos nos bares da esquina.

 Comentario(s)

manolo__abuin
manolo__abuin - 30/05/2009 02:31

Un saudo a toda a xente da LNB, sobre todo os que quedaron en Xil dempois de acabar o xerro do Salnés; e gracias a Xermán por cederme o logo para a portada... Vémonos

kaskada
kaskada - 02/06/2009 01:08

Voto polo nome do grupo!

Haim
Haim - 03/06/2009 03:34

arriba fachenda galega

nelita
nelita - 05/06/2009 10:10

Arriba Manolo !

feruruguayo
feruruguayo - 06/06/2009 10:35

despues de este desayuno en el tinto te dire que miamada señora escucho la cancion (sin saber quien cantaba ) y me dijo ... Si es Drexler !!! ... fachenda galega esta pal ´Oscar !!!!

nelita
nelita - 06/06/2009 10:37

Feliz tintoo 09´

feruruguayo
feruruguayo - 10/06/2009 08:30

Esta bien lo de votar y esas cosas pero... comenten algo che !

retranqueiro
retranqueiro - 10/06/2009 08:08

Bo tema, pero un pouco parado para canción do verán ¿ non ? De todos xeitos leva o meu voto de hoxe pola letra, a mellor con diferenza

mili
mili - 11/06/2009 01:14

Bo tema si, pero ten rason este que non é o que xeralmente se entende como cansion do vran... Sorte Manolo que por ser ti aceptamos esta como cancion do veran!

MonSozinho
MonSozinho - 11/06/2009 02:24

pois a min non me gusta; en xeral este estilo de música non me chista

feruruguayo
feruruguayo - 15/06/2009 10:08

ARRIBA MANOLO !!

ermitage
ermitage - 15/06/2009 11:00

Alguén que escribe unha boa letra merece ser recompensado,non é habitual.

retranqueiro
retranqueiro - 16/06/2009 09:13

Canta razón tés, ermitage. Os meus votos repártense entre esta, Lolo, e Banda Potenkim, os tres temas que teñen algo. Hoxe tócalle a Fachenda

retranqueiro
retranqueiro - 17/06/2009 02:15

¿ Que pasa cos comentarios, que non saen ?

retranqueiro
retranqueiro - 17/06/2009 02:20

Igual é esaxerada a comparanza con Drexler ¿ Non ? Ainda que ten un ar a Disneylandia

Kandpalleiro
Kandpalleiro - 20/06/2009 07:59

Bueno, a letra gústame moito; a música coido que está ben feita mais non resposta ó meu modelo de 'canción do verán'.

Sunsury
Sunsury - 22/06/2009 11:38

Delicioso...

rosijavi
rosijavi - 29/06/2009 08:00

manolo eres un krrrraaaak

anaou
anaou - 03/07/2009 12:40

apura a ser famoso!!

nelita
nelita - 04/07/2009 03:06

ARRIBA MANOLO!!!!!!!!!1

Paulasombra
Paulasombra - 14/07/2009 07:19

Olaaaa!!!! Somos Paul á sombra e temos unha canción aínda máis comercial ca esta!!Vide escoitárnola!!!!

feruruguayo
feruruguayo - 24/07/2009 12:16

Ya estamos de vuelta manolo !!!!!!!!!!!1

manolo__abuin
manolo__abuin - 26/07/2009 08:52

Ainda que vai con algo de retraso, felicidades pra Nelita. Un bico pros 3

nelita
nelita - 27/07/2009 11:29

Graciñas Manolo !!!!

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:10

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRACANS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

cunicho
cunicho - 30/07/2009 05:40

a min pareceme do piorciño como cancion do veran

feruruguayo
feruruguayo - 03/08/2009 06:28

El voto del Año !! (2009)

Rigueiro
Rigueiro - 03/08/2009 10:05

Amigo Sancho, menos mal que temos os muinhos eolicos que nos refrescan algo, porque tú, amigo Sancho, eres tan soporifero como unha sesta en Mérida con temperatura de 40 graos. En fin, dulces sueños, amigo Sancho.

lauritita
lauritita - 06/08/2009 09:07

OSTIA¡¡¡¡¡ como subeen os votos ajora,notase que isto acaba e xa suben de 150 en 150,animo rapaces que lojo ides ser os sejundos arincons,manda carallo.

rubenmos
rubenmos - 12/08/2009 12:53

Adiante Fachenda, chegan os reforzos da retaguarda da LNB

castanha99
castanha99 - 19/08/2009 02:59

Arriba Manolo!

castanha99
castanha99 - 19/08/2009 02:59

desta gañanamooos!