Lobos e mastíns manteñen un enfrentamento secular, unha epopeia en torno ó mundo dos pastores que alimentou a imaxinación das xentes con centos de relatos que transformaron a relación entre ámbolos dous cánidos en un sinxelo mito , quedando de ese xeito os seus nomes xunguidos para sempre, e por extensión os de ambos á actividade gandeira , especialmente á transhumancia.
En Galicia, terra de pastos abondosos durante todo o ano, o gando sempre foi sedentario ou “estante” e non transhumante como no resto de España, por elo, a utilización de cans pastores de garda non tivo a mesma importancia que no resto da xeografía peninsular, especialmente en terras castelán-leonesas, onde o gando en xeral, pero especialmente o ovino, é un concepto inseparable do mastín e inda segue a selo hoxe do mesmo xeito que o foi en tempos pasados, cando o comercio da lá das ovellas merinas representaba a principal fonte de ingresos en toda a Península.
Dende os portos leoneses ata as “majadas” extremeñas, gandeiros, mastineiros e outras xentes saben da importancia do mastín na súa particular historia, por elo, naquelas terras esta raza de cans fíxose moi respetada e admirada, tanto que narracións de abondo falan das xestas heroicas, das míticas loitas co lobo exercendo a defensa do gando e das que, moi a miudo, o lexendario moloso saía victorioso.
Doutra parte o lobo (Canis lupus signatus), superpredador por excelencia, especie xeralista e oportunista coma poucas, de fácil adaptación ás situacions ambientais precarias nas que, seguindo ó celebre naturalista Angel Cabrera, na Península Ibérica, as principios do século pasado, transfórmouno nunha xoia endémica. Por si fora pouco o imaxinario do rural galego presentouno dende tempos inmemorias como un animal de porte monumental, provisto de unha forza colosal e con atributos máxicos que soamente un dios ou un demo poideran ter. O amo absoluto do espacio non habitado.
Este é o lobo galego, o de Anxel Fole, de Vicente Risco, o lobo da terra do licántropo. Nada que ver ca xoia endémica de A.Cabrera. Cecais e por isto os mastíns nunca foron suficientemente valorados en Galicia.
Cómo un simple can pode evitar que o lobo mate ó gando?. As respostas son ben sinxelas. A loita entre o lobo e os mastín forman parte máis do mito que da realidade. Son poucos os episodios que poden ser narrados en primeira persoa e moitos deles somente son fruto de imaxinación e da esaxeración . Lobo e mastín establecen unha loita máis ben ritual, onde o lobo pon a sua astucia, axilidade, rapidez e técnica na caza e o mastín pon a forza, apego ó grupo que defende e sobor de todo a disposición a morrer se é preciso; en definitiva, unha acción disuasoria que inhibe a agresividade do lobo hacia o gando que, xa deixa de ser presa fácil e recordalle que ten dono. Resumindo, a loita mítica entre lobo e mastín case que sempre se resolve con moitos ladridos, catro carrereiras e un par de regates .
A defensa do gando con cans é un método preventivo que deu bós resutados dende sempre, pois minimiza as baixas. Hoxe non ten por qué ser distinto e asemade non pon en perigo a supervivencia do lobo que tamén conta.
Iniciou a súa actividade ecoloxista con tan só 17 anos fundando o Grupo de Acción Ecoloxista “Outeiro”, asociación que preside e á que adica gran parte do seu tempo e que ten ampla actividade na comarca de O Carballiño e proxección en toda Galicia.
»