Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Xesús Gómez "Miño"

Crónicas do alén e do aquén mar

13:46 30/03/2007

A actual mocidade galega XSP (xóvenes sobradamente preparados) volta ás vellas tradicións emigrando á procura dun traballo cara outras comunidades do Estado español (Cataluña, Madrid, Canarias…) ou á vella Europa (Inglaterra, Bruxelas, Portugal…)

Se están na comunidade europea terán o mesmo tratamento electoral que o resto da cidadanía española pero como xa se sabe que estes XSP “pasan” de políticas electoralistas malia que sexan os principais “beneficiarios” das políticas socio-laborais, non merecen trato diferenciado; quen está vivindo fóra da Galiza pero dentro do Estado español carece do dereito fundamental ao voto nas eleccións autonómicas e municipais porque non está en ningún censo galego pero como tamén parecen “pasar”, ninguén amosa interés por recuperalos para a nosa sociedade futura. Agora está de moda prometer postos de traballo a fillos/as e netos de españois nados no exterior porque disque terán a nacionalidade, o que non se dí é cándo e cómo xa que farán falla profundas reformas lexislativas para que o contido do Estatuto de Cidadáns no Exterior sexa aplicado con efectividade. (Cando nin siquera temos a garantía de que o noso Dereito Civil sexa “constitucional”). Ou ¿porque estamos en campaña, deixámonos levar pola euforia e entre promesa e promesa, fomentamos a inmigración ilegal, esa bestia negra que Europa anda a combatir?

E mentras tanto, neste lado do océano a nosa vella emigración segue agasallando á clase política de variopinta categoría (enténdase deputados, conselleiros, alcaldes, ou simples funcionarios) que casualmente sempre cruza o charco en periodos pre-electorais e tamén por casualidade acarrea dados e promesas. O que é unha costume do Partido Popular tantos anos no goberno galego, convertiuse nun uso lexítimo para os demáis partidos (unha saca de votos chegada a última hora de Venezuela abreu os ollos a quenes non crían no valor do voto exterior e decidiu, no mesmo senso que se votara no País, para acadar o goberno bipartito PSOE-BNG, cando o PP agardaba que o voto da diáspora lle seguira sendo fiel, segundo afirmaban os seus “asesores” ben pagos que ten na Galiza exterior) e agora recibimos un día si e outro tamén á paisanaxe de élite (no seu día probablemente XSP). Xa non se sabe quen é quen e todas e todos presuntamente levan no seu cartafol fotocopias de pasaportes e dados dun CERA secularmente irregular, como segue a denunciar o BNG no Parlamento. Xa non se fan promesas electorais e se trafica clandestinamente con votos e nomes, agora xestionanse directamente con maior ou menor consentimento, e esta emigración de novo está a ser o último cartucho, ese voto tan menosprezado e cuestionado pero cobizado por todos e todas como o ouro de América.

Desta práctica, aínda temos que recoñecer honrosas excepcions...

Mentras a cidadania ecuatoriana, venezolana ou chilena exerce o seu dereito ao voto nos consulados, nós, presuntamente máis democráticos,e instalados no “primeiro mundo” seguemos asistindo a ese espectáculo lamentable e acarreando solicitudes de voto rogado, e un lamenta o lonxe que quedan as xuntas electorais... Ou que estas non dicten instruccións éticas os distintos consulados ; Pero iso si, aínda que non sexamos XSP, si temos un trato diferenciado. A diferenza está en que nós, emigrantes galegos no exterior, non temos posibilidades a dia de hoxe na Galiza e únicamente somos importantes á hora de contar papeletas por iso trasladan as súas promesas aos nosos fillos e netos/as (que tamén son XSP, xóvenes sobradamente “puteados”cando deberan ser xóvenes solidarios co país), o cebo para manternos ligados á terra e pescar o noso voto. ¡Qué mágoa, que ataque a dignidade política, tanta promesa de voto en furna,e seguemos asistindo o vergoñento espectáculo das fotocopias de pasaportes, para interpretar ( alguns din que “asesoran” ) a intencionalidade do voto...!

E neste contexto, os mariñeiros que si viven no País, como non están en CERA algún non poden votar para defender un determinado modelo de cidade...E deixanos non de cera, senon de pedra...

Para cando a moi saludable hixiene democrática de unha persoa un voto, e que este sexa en furna?

4,71/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Miño

Naceu en Ferrol e é concelleiro en Montevideo, en representación do barrio Cordón Norte. »