Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Javier Vázquez Lamas


Javier Vázquez Lamas

É o responsábel da área de desenvolvemento de negocio de Igalia e membro da directiva de Eganet.

Enxeñeiro en informática pola Universidade da Coruña, tamén posúe un Máster en Dirección de Empresas TIC da Escola de Negocios de Caixanova. En 2005 cursou estudos relacionados coa comercialización de produtos tecnolóxicos na San Diego University, na costa oeste dos Estados Unidos.

Vázquez é un dos fundadores e socios de Igalia. Ademais, ocupa o cargo de secretario da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e Novas Tecnoloxías, Eganet.


As súas opinións