Antonio Oca
É Enxeñeiro Técnico Agrícola e axente de extensión agraria desde 1967. Foi director xeral de Producións, Industrias e Calidade Agroalimentaria (2005-2009).
Antonio Oca Fernández ( A Rigueira, Xove).
- Enxeñeiro Técnico Agrícola
- Axente de extensión agraria desde 1967
- Botou 18 anos como responsábel da Axencia Comarcal de Extensión Agraria de Ribadeo
- Xefe provincial do SENPA en Ourense (1986-1987)
- Subdirector Xeral de Extensión Agraria (1987-1990)
- Responsábel do Servizo de modernización de Extensión Agraria até o ano 2005.
- Director Xeral de Producións, Industrias e calidade agroalimentaria.
- Foi membro do Consello Nacional do BNG
- Foi responsábel comarcal do BNG en Compostela.
- Membro da Executiva Nacional do Espazo Socialista Galego.
- Membro da corrente +BNG