Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Afonso Vázquez-Monxardín


Afonso Vázquez-Monxardín

Ourense 1960), móvese entre o mundo da historia, a lingua, a investigación e a opinión. Cursou as especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía, Arquivística e Biblioteconomía e Xeografía e Historia e Arte de Galicia e tivo experiencias arqueolóxicas de campo en Galicia, Portugal e Italia. No mundo da lingua é catedrático de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galegas e un afervoado defensor das posibilidades multilingües de Galiza. No da investigación, ten artigos sobre historia literaria e elaborou materiais expositivos e didácticos sobre varios autores (Sarmiento, Otero Pedrayo, Avilés, Xoaquín Lorenzo, Manuel Lugrís, Lorenzo Varela) en relación coas letras galegas e os centros de ensino

Pero sobre todo, promoveu a formación do Arquivo Sonoro de Galicia no Consello da Cultura Galega e campañas de recollida documental (microfilmado e dixitalizacion de fontes- en Bos Aires, para o Arquivo da Emigración. Opina, desde hai un ano, os martes, no Galicia hoxe, e os venres en La Región de Ourense.


As súas opinións