Xelís de Toro naceu en Santiago en 1962. Escritor: Seis cordas e un corazón (1989) co seudónimo de Roque Morteiro; Non hai misericordia (1990); Terminal (1994); O saltimbanquis no paraíso (1999). Foi cantante de Os quinindiolas e co-fundador de Edicións Positivas. Ten publicado numerosos títulos de literatura infantil. Realizou performances poéticas multimedia con Terminal e ou O buscapeixe. A súa páxina é sen.laboratoro.net
Foi lector de galego nas universidades de Birmingham e Oxford. Reside en Inglaterra, traballa como editor freelance internacional.