Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIRECTOR DA PRIMEIRA CURTAMETRAXE 'X' GALEGA

Fernando Fernández: "Para o que vale internet é para facer pallas"

Fernando Fernández ten 39 anos, vive en Coirós (A Coruña), estudou Empresariais e é camioneiro de profesión. Botou dez anos percorrendo Europa en camión por conta allea, pero agora traballa para si e vai como moi lonxe a Asturias "para estar máis cerca da casa". O camión foi o que o introduciu no mundo do audiovisual e en concreto do cinema X. Sempre foi afeccionado ao cine (porno e do outro) e os seus comezos foron gravando carreiras e concentracións de camións en súper 8, ademais de vodas, bautizos e comuñóns. Pero "hai cousa de 2 anos deume por gravar algo X" e de filmar espectáculos eróticos en locais acabou gravando Pallas Mentais, que vende como a primeira curta galega do cine X. Unha peza de 12 minutos que conta a fantasía dun home mentres navega en internet, e que se presenta este venres no I Salón Erótico do Atlántico. Fernando falou con Vieiros mentres conducía o camión.

- 20:07 28/03/2006
Tags:

"Pallas mentais" é o título da estrea de Fernando Fernández no mundo da curtametraxe "xa un pouco profesional". Rodouse na súa casa "no que levou o ferrete", con produción caseira pero dous actores profesionais: Alba Sanz e Hugo Duke, salmantinos os dous e ademais parella. O director xa os coñecera traballando como axudante de dirección nunha longametraxe da que xa non lembra o nome -"Camioneros marchosos ou algo así"-, que rodaron en Galiza pero con produción de Madrid. Daquela Fernando, un apaixoado da cultura erótica, tiña un programa en As Mariñas TV titulado Al calor de la noche. "Cine, banda deseñada ou arte X, novidades... pero aquí en Galiza tampouco interesa moito iso". E por ese motivo os contactos que tivo coa industria do cine erótico foron sempre con xente de Madrid ou Barcelona. "É que é alí é onde se move todo", di.

Volvendo ao argumento da película que nos ocupa, Fernando descríbeo como a historia "dun tío un que empeza a andar en internet, metese nunha páxina porno -desenganémonos: para o que vale internet é para facer pallas- e empeza a masturbarse; entón de debaixo da mesa sáelle unha paisana e empeza a facerlle a fantasía que el tiña: unha mamada". Dispensando o spoiler, a curta acaba "cando o tipo se corre por fóra e ve que non había ninguén". Preguntámoslle inxenuamente en que idioma está a película, dado que o título que nos manda a nota de prensa do SEDA -en castelán- é o galego "Pallas Mentais", e ri ao contestar: "en ningún!... bueno si, ah! ah! uh! uh!, ese é o idioma. Non precisa subtítulos".

Admite que o argumento é simple pero considera que é eficaz. "Se ten moito argumento pérdese o fin primordial dunha peli porno, que é a excitación sexual", di. "Non se pretende que haxa corenta mil florituras, senón que dea morbo". E non só ao xénero masculino: Fernández ten claro que o cine porno lle ten que excitar/gustar tamén á muller. "Os tempos cambiaron e agora a peli porno vese en parella". Tal vez por iso triunfan cada vez máis os filmes caseiros: "porque ves xente normal. É o mesmo casquete que botarías ti cunha parella, é algo real e por iso excita máis. Se lle preguntas a calquera quen lle dá mais morbo, unha tía cachonda dunha revista ou a súa veciña de arriba algo menos cachonda, sen dúbida a segunda: o cercano produce máis curiosidade, e por tanto morbo".

Confésase admirador do cine italiano e sobre todo de Mario Salieri, pero ten claro que non se dedicará profesionalmente a isto: "oxalá, que o camión mátame o lombo, mais para iso tería que marchar a Barcelona ou por aí, e xa estiven abondo tempo fóra, agora quero estar na casa". A súa curta estrearase en primicia mundial o venres que vén no Salón Erótico do Atlántico (SEDA), e logo tentará vendela a algunha distribuidora, pero para que teña vida comercial seguramente lle vai ter que empatar 4 ou 5 viñetas máis até facer unha longa. "Teño moitas ideas na cabeza para seguir facendo pelis", das X pero tamén das convencionais. Mais de momento o porno é a súa maneira de achegarse ao cine, xa que "da outra maneira nunca chegaría a facer películas".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: