Laura Gonzalez, eurodiputada de Izquierda Unida e mailos responsables de medio ambente deste partido, visitaron a depuradora do Lagares e tamén as obras do túnel da Madroa. Tras revisar as obras, os representantes de I.U, calificaron ó resto dos partidos vigueses de cínicos e oportunistas.
As solucións aplicadas en cadanseu lugar, fixeron que os compoñentes do grupo de IU encabezados pola eurodiputada Laura Gonzalez, calificaran de cínicos e de oportunistas ó Partido Popular, ó BNG e ó PSOE, tanto pola actuación do goberno tripartito como no actual goberno popular. Os técncios de I.U aseguraron que as obras non respetan a lexislación comunitaria en materia de impacto ambiental e que a depuradora, contravén a Lei de Costas e presenta deficiencias no seu funcionamento. Con respecto ó túnel da Madroa, os reprentantes de I.U afirmaron que se debe correxir o trazado para permitir, ó remate das obras, e repoboar o que sexa posible. Aseguraron tamén que o informe do Ministerio de Medio Ambente é vencellante e que agora é cando se lles da a razón nun tema que eles sempre defenderon. A defensa de I.U basease na lonxitude do túnel da Madroa que debe ter 800 metros. Laura Gonzalez, eurodiputada do medio ambente por esta formación política, afirmou que a proposta feita polos veciños e a mellor e que ela mesma solicitou que os afectados presenten ante a comisión do Parlamento Europeo, unha petición para que a Comisión Europea se dirixa ó Goberno Español e se adopte a solución máis axeitada. Tanto o PP coma o BNG e mailo PSOE, recibiron fortes críticas dos representantes de IU polo plantexamento mantido por estes partidos. Segundo IU, o impacto mediomabiental puido ter sido menor, se estes partidos se houberan esforzado en atopar unha mellor solución.