Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

e-MINDER no Cesga

Compostela está a acoller a primeira reunión dos participantes do proxecto e-MINDER, unha rede europea rexional de centros de competencia para a promoción do comercio electrónico. Esta iniciativa, que conta co apoio da Unión Europea, centrará os seus esforzos na axuda ás PEMES, de xeito que podan resultar competitivas no eido dos negocios en rede. O Cesga lidera a posta en marcha deste proxecto, relacionado co Foro SI-Galicia (Foro para a Extensión da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico). Nesta experiencia participan a rexión polaca da Pomerania, Chipre e Galicia. O e-MINDER terá unha duración de dous anos, e conta cun presuposto de 723 millóns de pesetas, dos que 278 irán destinados ás actividades desenvolvidas na nosa comunidade.

- 16:01 25/09/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: