O Consello da Xunta vén de darlle luz verde á constitución da Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, un organismo promovido polo CESGA coa fin de poder acceder ás subvencións destinadas á adquisición de infraestructuras para a investigación en Galicia. Ademais, na reunión do Executivo aprobouse a colaboración da Consellería de Educación cos ministerios de Educación e Ciencia e Tecnoloxía para promover a internet no eido educativo a través do programa 'Internet en la escuela'. As novas accións formarán parte do programa SIEGA (Sistema de Información da Educación Galega), que ten como obxectivo acadar a integración da comunidade educativa na sociedade da información. Sen embargo, o seu labor foi duramente criticado desde este artigo de Isabel Vaquero e Daniel Romero.
.