Nas Pontes coincide a festa do Entrodio coa Feira do Grelo, un producto que abunda por estas terras e que ademais é típico do Entroido. O día grande será o domingo 2 de marzo, coa celebración do concurso de cestas, a degustación de grelos e un concerto de Mercedes Peón.
A XXIII Feira do Grelo 2003 ten lugar o vindeiro domingo no patio do Colexio Santa María e ao longo da rúa Alexandre Bóveda, onde os labregos expoñen a súa producción en cestas. As mellores, por calidade e presentación, serán premiadas.
Ademais, haberá unha desgustación popular, ao abrigo dunha carpa instalada para a ocasión, de grelos, freixós e viño. Outras das actividades previstas son unha mostra de artesanía e un concerto a cargo de Mercedes Peón, ás 18.30 h no Auditorio Municipal Cine Alovi. A entrada custa tres euros.
Dentro da programación estricta de Carnaval, haberá unha cabalgata o martes 4 de marzo, con saída ás 17.00 horas da rúa Monte Caxado e final no patio do colexio de Santa María. Ao remate, celebrarase un baile de de Entroido, a cargo da orquestra Lamas La Piña.