O ‘blog’, exitoso sistema automatizado moi a xeito para ir guindando ao mar virtual un rexistro persoal de inquedanzas, pensamentos, recomendacións e outras herbas, vai prendendo nos cibernautas do país. Un golpe de autodefinidos ‘blogueiros’ na nosa lingua abriu espacio na rede para compartir proxectos e reflexións. A modo de ‘bitácora grupal’, mantida conxuntamente por todos os interesados, queren facer un directorio dos ‘cadernos persoais’ en galego que andan pola internet. Poden visitalo en Blogaliza, onde atoparán ligazón coas webs dos seus membros. No apartado de webs persoais buscador de Vieiros, tamén poden atopar outros ‘blogs’ galaicos.
.