Protagonismo galego no campionato de España de piragüismo por autonomías, celebrado durante a fin de semana en Castelldefels. Con 360 puntos, Galicia subiu ao caixón máis alto, con Asturias e Castilla León, segundo e terceiro clasificados, a moita distancia. Ademais, a canteira promete dominio galego para moito tempo, logo da victoria tamén nas categorías infantís. No total: 18 ouros. Por outra banda, o remo tamén sumou triunfos galaicos: os grovenses do Mecos gañaron o campionato de España de Trainerillas, tanto en xuvenís como na máxima categoría, onde a prata foi para os boirenses de Cabo de Cruz.
.