Dúas cerimonias moi distintas lembraron este verán as matanzas dos propios nas guerras de 1991-95. A primeira, celebrada a principios de xullo, conmemoraba a de Srebrenica, e xunto ós herdeiros das víctimas bosníacas asistiron por vez primeira os dos verdugos, oficializados nunha delegación da República Serbia de Bosnia. Hai unha semana, unha cerimonia en Belgrado lembrou os mortos e o éxodo dos serbios da Kraína tralo ataque croata de agosto de 1995, a Operación Tormenta. Nin un nin outro masacre é un caso pechado na Haia. Poden ler o artigo no Canal Mundo.
.