O venres 19 o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto que regula a sinatura electrónica e que permitirá que entidades certificadores comecen a comercializar este servicio. Esta sinatura é coma un certificado dixital que cada internauta envía dende o seu computador e que asegura a súa identidade á hora de mercar en liña, relacionarse coa Administración, etc. Terá a mesma validez cá sinatura a man e poderá servir como proba nun xuízo. Fundamental para o desenvolvemento do comercio electrónico, aínda está por resolver o formato que adquirirá esta sinatura. Nesta web podedes obter máis información sobre sinaturas dixitais e certificación electrónica.
.