O descubrimento dunha nova especie ancestral de ser humano demostra que a diversidade evolutiva dos humanos é moito maior do que se esperaba. Os investigadores autralianos Peter Brown e Mike Morwood anunciaron en Nature o achado dun esquelete parcial do descoñecido ata agora homo floresiensis, que viviu na illa indonesia de Flores hai 18.000 anos. A nova especie caracterízase polo seu pequeno tamaño, apenas un metro de alto na idade adulta. Segundo os investigadores, o home das flores descende do homo erectus, devanceiro tamén do homo sapiens.