Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIAN QUE AS TARIFAS SEGUEN A SER "DISCRIMINATORIAS" PARA O SUR

A peaxe de Rande, un 6,6% máis cara que o ano pasado

A Plataforma pola supresión da peaxe de Rande vén de denunciar novamente o "castigo" que sufre o sur de Galiza polo novo incremento da peaxe de Rande, obrigatoria para facer o traxecto entre Vigo e O Morrazo, que se sitúa dende o comezo deste ano nos 80 céntimos. Isto suporá un aumento no custo do bono-peaxe dos 15.000 usuarios que o teñen, e que está subvencionado pola Xunta e pola Deputación de Pontevedra. A plataforma calcula que ás dúas administracións non lles chegarán os 2,6 millóns de euros presupostados para o 2006, e estuda promover novas mobilizacións cadrando co 25º aniversadio da ponte de Rande, o vindeiro 8 de febreiro.

- 13:55 02/01/2006
Tags:

A Plataforma contra a peaxe de Rande actualizou a súa web cunha comparativa entre as tarifas das autoestradas en Galiza e os incrementos sufridos este ano, e que amosa a "inxustiza" que supón que algúns tramos custen 5 ou 6 céntimos por quilómetro (entre Pontevedra e Santiago ou entre Santiago e A Coruña) e outros cheguen até 32 céntimos por quilómetro (tramo Vigo-Chapela).

En declaracións á Radio Galega, o presidente da Plataforma, Manuel Méndez, anunciou a posibilidade de que se convoquen novas manifestacións a comezos deste ano. Pero até o 10 de xaneiro, día no que se reunirá a directiva, non se concretará a actividade dos vindeiros meses.

A web da Plataforma pódese consultar nos enderezos www.randeune.com, www.bonopeaxe.com e tamén www.audasa.org: segundo eles, "unha pequena broma que lle gastamos á concesionaria para ver se nos compra o dominio que temos rexistrado e financiamos algunha campaña". A páxina, que vén de ser renovada, inclúe noticias en prensa, comunicados da plataforma, humor e mesmo a canción oficial da protesta, que se pode descargar en mp3.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: