Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROMETERAN SOLUCIÓN PARA O PASADO MES DE XANEIRO

A Xunta evita dar prazos para a solución ás peaxes de Rande e a Barcala

En xuntanza o pasado ano co presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, o presidente da Xunta anunciara arranxo para a reivindicación da supresión das peaxes para o mes de xaneiro de 2006. Na altura de febreiro non hai novidade sobre o plan para liberar dese pago aos contornos metropolitanos de Vigo e A Coruña. Desde o PP coruñés e potnevedrés propoñían esta semana o financiamento conxunto por parte de Xunta, Fomento e deputacións. Touriño saiu ao paso asegurando que a solución se presentará axiña e acusando ao goberno anterior de no seu momento ter "condenado aos usuarios a ter que pagar peaxe ata o 2048".

- 07:40 09/02/2006
Tags:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, criticou unha vez máis que "durante o mandato do PP se ampliou a concesión en 25 anos, esgotando o prazo concesional e condenando aos usuarios a ter que pagar peaxe ata o 2048" e insistiu en que "o goberno anterior non fixo nada por solucionar o problema da peaxe" ao tempo que subliñaba que "os máis de 1.586 millóns de euros que se pagaron pola autoestrada do Atlántico lamentablemente non reverteron en Galicia".

Touriñi comprometeuse no Parlamento a ofrecer "unha solución de maneira inmediata e plenamente satisfactoria para a peaxe de Rande-A Barcala". Evitando dar prazos e deixando para "máis cedo que tarde" a presentación do proxecto final prometeulle aos veciños que "verán unha solución estábel, para sempre e con garantía de universalidade". Sobre o caso concreto das reivindicacións de supresión na ponte de Rande, salientou que "como solución e alternativa xa se deu un primeiro paso dando o visto bo para a construción dunha autovía libre de peaxe que unirá Pontevedra con Vigo a través de Arcade, coa A-52, e que directamente conectará coa área metropolitana de Vigo".

Durante a mesma xornada, o presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán propuxo pagarlle á concesionaria dese treito os 4,2 millóns que recada anualmente, de xeito que Xunta e deputación paguen cada seu 25% e o ministerio de Fomento se faga cargo do 50% restante. "É a solución definitiva", asegurou Louzán, partidario de estender ese sistema até que estea rematada a nova autovía entre Pontevedra e Vigo. No mesmo día, o PP coruñés propoñía unha solución similar para a entrada na cidade pola A9.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: