Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FOROS DE VIEIROS

De Irmandiños a Mozos de Garda... cal sería o mellor nome para a policía galega?

Discuten os nosos foreiros cal debería ser o nome da policía galega e fan varias propostas: dende o austero "Policía Nacional (da nación galega, claro)", até o máis histórico "Irmandade Xeral" ou "Irmandade Galega", cos seus derivados "irmandiños", "Varas da irmandade". Unha proposta para o novo estatuto recomenda "A Garda" e aí tamén florecen os derivados: garda nacional, garda irmandiña, garda galega, mozos de garda... Os máis rexoubeiros optan por calcar "maderos" ou mesmo chamarlles Rangers da Galiza. Poden seguir apuntando e discutindo propostas no Foro de Vieiros.

- 11:12 22/03/2006
Tags:


5/5 (1 votos)