Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O DICIONARIO RECOLLE ACEPCIÓNS VEXATORIAS COMO "TONTO" E "TARTAMUDO"

O Parlamento esixe a rectificación da Real Academia Española en relación ao termo "gallego"

O Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade a iniciativa encabezada polo deputado nacionalista, Bieito Lobeira, na que se insta o goberno galego a realizar as xestións precisas para que a Real Academia Española retire da última acepción do seu dicionario os significados vexatorios vencellados a "gallego" . Lobeira esixiu hai un mes a desaparición do dicionario das acepcións que figuran en quinto e sexto lugar, "parvo" e "tatexo", lembrando que, ao incluír no seu dicionario estes "insultos colectivos", a RAE está a "darlles plena validez e a oficializados". Segundo o voceiro de lingua do grupo parlamentario do BNG, estes significados deben desaparecer "por dignidade e respecto ao que somos". Lobeira tamén lembrou que o goberno galego forma parte da Fundación pro-Real Academia e que, polo tanto, está a subvencionar cos cartos dos galegos e galegas as súas actividades, o que subliñou como unha razón máis para "esixir que nos respecten".

- 12:28 10/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: