Algo máis de 7 millóns de euros de orzamento para o primeiro ano e un incremento sucesivo e anual do 5% son as cifras que manexará o Plan Estratéxico de Emigración 2006-2009 do goberno galego, presentando como instrumento para "responder ás especificidades e necesidades da realidade emigrante". Durante a primeira xornada de debate, saíron ao primeiro plano algunhas claves dos desafíos a afrontar, coincidindo varios ponentes na necesidade de evitar o "paternalismo" na relación entre a administración e os emigrantes, e moi especialmente, cara a eliminación das rifas electorais acontecidas nos últimos tempos.