O Concello de Vigo puxo na mesa este martes a idea de construír unha macrodepuradora preto de Baiona, no contorno de Cabo Silleiro, da que aseguran que podería atender as necesidades de toda a comarca. Segundo o goberno vigués, non só solucionaría os actuais problemas da rede de saneamento senón que mesmo permitiría eliminar as sete actuais estacións depuradoras de augas residuais que existen en Redondela, Soutomaior, Arcade, Teis, Lagares, Nigrán e Gondomar. A alcaldesa Corina Porro espuxo a iniciativa, detallando que incluiría a construción dunha canalización de até 42 km entre os estremos de Baiona e Soutomaior. O custo estimado é de máis de catrocentos millóns de euros e podería estar lista antes do ano 2015. Poden ampliar na web do Concello. Anteriores: