Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Terra Eo-Navia

Edición xestionada pola Asociación Abertal
RSS de Terra Eo-Navia
EO-NAVIA e EONAVIEGO

Eo-Navia e eonaviego, dous términos cada vez máis populares

A definición da nosa comarca cada vez popularízase máis con estos dous términos. A pequena conciencia comarcal, que se vai abrindo pasín a pasín, vai cuallando en muitos campos diferentes. A acepción Eo-Navia lograda polo escritor Xavier Frías Conde e el sou xentilicio eonaviego ábrense cada vez máis entre a xente da comarca. Anteriormente e aínda subsisten términos como "Occidente" que sempre dan á confusión coa comarca del Narcea, el término Eo-Navia logra xuntar as aspiraciois de muita xente de verse como algo especial culturalmente dentro de Asturias.

- 07:41 20/10/2006
Tags:

Deste xeito varios foron os intentos de eruditos locais por dar uha denominación á comarca como eota, eoaria, eo-naviense, etc., pero podemos ver como Eo-Navia e el sou xentilicio eonaviego logran penetrar na conciencia de muita xente, mesmo de sectores mui diferentes e distantes cuha clara idea de definirse como comarca, aspiración negada por sectores minoritarios pero que xa se ve nos escritos del século XIX e nos de búa parte del XX unde el término "comarcano" é evidente.

Así vemos como estos términos vanse utilizando por xornalistas, instituciois del Principado, foristas, folletos, publicaciois, escritores e poetas como Nacho Llope, ou da propia Academia de la Llingua Asturiana na revista Entrambasauguas ou en Lletres Asturianes. Todo un éxito prá concienciación da cultura e a lingua da comarca, Eo-Navia, a máis occidental de Asturias.

Próximamente a Asociación ABERTAL fará uha campaña con folletos e adhesivos prá espallar esta conciencia que xa ten un importante éxito popular.


3/5 (2 votos)