Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O CLUB DA CALCETA

María Reimóndez convídanos a calcetar

Seis mulleres. Seis mundos. Unha afección: a calceta é o que lles axuda a Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda a compartiren as súas vivencias. Entre punto e punto, tecen e destecen os fíos do mundo, feito por e para os homes, no que teñen que vivir. María Reimóndez desmonta o patriarcado neste libro, na súa liña crítica e comprometida. O club da calceta vai percorrer Galiza, ao longo desta semana, en varias presentacións: o luns estará ás oito na Libraría Fleming, de Lugo, co editor Manuel Bragado e Marica Campo; o xoves á mesma hora na Galería Sargadelos compostelá, con María do Cebreiro e o editor de Xerais; e o venres, á mesma hora, na Casa do Libro de Vigo, co Mª Xesús Fariña Busto, Belén Martín Lucas e Bragado.

- 13:34 20/11/2006
Tags:

María Reimóndez Meilán (Lugo, 1975) é tradutora e intéprete. Adentrouse na poesía con Moda Galega (Edicións Positivas, 2002), e no ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo polo obra O Caderno de Bitácora (Edicións Positivas, 2004), o simpático diario de navegación polo mundo da capitana m. reimon. En Xerais xa publicara a novela xuvenil Usha, que aborda, dende o seu ollar feminista e comprometido, a cultura hindúa a través dos ollos dunha rapaza. De feito, é fundadora e presidenta da oenengué de Cooperación ao Desenvolvemento Implicad@s no desenvolvemento, que leva traballando dende o ano 1998 en proxectos de desenvolvemento integral, cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurábel na India e Etiopía. Recentemente puidemos vivir en directo a súa viaxe a Etiopía grazas as crónicas que fixo para Vieiros. Forma parte do grupo de investigación Feminario de Investigación: Feminismos e Resistencias (Teorías e Prácticas) da Universidade de Vigo, onde realiza a súa tese sobre a interacción do Feminismo, Poscolonialismo e a Tradución.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: