Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O concello ten un plano para tratar os residuos.

O goberno local decidiu onte nunha xuntanza da Comisión de Goberno, elaborar unha proposta para a xestión e tratamento integral de residuos que inclúa a recollida selectiva non só do papel e o vidro, senón dos residuos forestais, algas das praias e restos das obras efectuadas na cidade.

- 00:08 21/12/1999
Tags:

Segundo fontes municipais o proxecto deberá incluír tamén, a creación dunha pranta de producción de compost. Engaden estas mesmas fontes que con este servicio acadarase un aforro para as arcas municipais e ademais se buscará un destino ecolóxico aos residuos. O goberno da cidade aprobou o prego das cláusulas administrativas e técnicas para a contratación do servicio de xestión das lamas que se producen na estación depuradora do río Lagares. Pretendese empregar este material coma fertilizante para a producción de compost.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: