Logo de meses de mutismo, a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, valorou como "positivas" as negociacións dos tres grupos políticos para acadar un acordo á hora de elaborar o novo decreto galeguizador do ensino. Segundo Sánchez Piñón, a nova norma vai ter "o maior consenso posíbel". Tal e como adiantou xa o pasado mes de decembro Vieiros, a consellaría quere ter listo e aprobado o decreto na vindeira primavera para que poida así entrar en vigor no curso 2007/08. Tanto socialistas como nacionalistas coinciden en sinalar que o decreto que está agora en vigor fracasou no seu intento de normalizar a nosa lingua no ensino non universitario. Os plans da consellaría contemplan que case se duplique o número de materias obrigatorias en galego.