Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INCIDIRASE EN ELEVAR O PROFESIONALISMO DOS OPERARIOS

Máis de 4.000 efectivos combaterán o lume baixo un mando único

Maior profesionalismo do dispositivo, posta en marcha dun mando único e incremento da dotación de recursos operativos. Estas serán as tres premisas do novo dispositivo de prevención e extinción de incendios forestais para 2007. Con est finalidade, o Goberno galego mobilizará 541 unidades compostas por 4.315 efectivos. Así o anunciou o presidente da Xunta, trala reunión do Comité Galego de Defensa dos Montes deste venres.

- 14:55 27/01/2007
Tags:

A xuntanza contou coa presenza, entre outros, dos conselleiros de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu; de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, así como do delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras. Para a elaboración das novas claves na loita contra o lume, tivéronse en conta as recomendacións realizadas polos expertos e polo Parlamento nesta materia.

Ademais, fíxose un balance da campaña de 2006. Producíronse un total de 6.997 lumes, que afectaron a 93.887 hectáreas, das que 82.418 arderon durante o mes de agosto. A excepcionalidade con respecto a outros anos foi que o lume afectou a máis superficie arbórea que rasa. Tamén salienta, segundo palabras do presidente galego, a "concentración absolutamente singular e excepcional" do elevado número de incendios, focalizados nun período tan curto de tempo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: