Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
EDUCACIÓN, POLÍTICA LINGÜÍSTICA E IGUALDADE COLABORAN NO PROGRAMA EU SON

O alumnado de educación infantil practicará a lingua cos Bolechas

Os departamentos de Educación, Política Lingüística e Igualdade colaboran na posta en marcha da campaña Eu son, coa que se pretende fomentar as relacións sociais entre os cativos e promover o uso da lingua galega na educación infantil. O programa terá como guías os personaxes dos contos dos Bolechas e contará con material didáctico-lúdico para 85.000 estudantes de entre un e cinco anos de idade.

- 18:05 12/02/2007
Tags:

Cada neno disporá de cadanseu caderno onde debuxará as súas características persoais, contos dos Bolechas, autoadhesivos, crebacabezas, mochilas e camisetas, que xa se comezaron a repartir nas escolas infantís públicas que dependen de Vicepresidencia e nos centros de educación infantil da Consellería de Educación. Escolléronse os personaxes dos Bolechas porque son coñecidos tanto polo alumnado como polo profesorado.

Amais disto, trátase de fomentar o uso da lingua dende a etapa preescolar, como estabelece o Plan xeral de normalización da lingua galega, e de educar en valores como a igualdade para previr a violencia de xénero. O orzamento da campaña é de 643.000 euros, dos que 472.000 foron achegados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, 100.000 por Educación e 71.000 pola Secretaría Xeral de Igualdade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: