Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COIDAN QUE É UN GRAVE ATAQUE Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Numerosos colectivos e particulares solidarízanse co historiador denunciado en Cerdedo

As mostras de solidariedade non paran de chegarlle ao historiador Dionisio Pereira. O investigador foi denunciado pola familia dun ex alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez, ao que un estudo do autor sinala como un dos supostos actores da represión do 36 naquel municipio. Até este xoves, xa amosaron publicamente a súa solidariedade con Pereira 26 asociacións e preto de 150 persoas vencelladas á cultura e á vida pública galega e mesmo de fóra do noso país. Consideran que a demanda contra o historiador supón un ataque contra os que pretenden botar luz sobre os sucesos que aconteceron logo do golpe militar do 18 de xullo de 1936.

  • Anterior: Fracasa o acto de conciliación entre a familia dun ex falanxista e o historiador Dionisio Pereira

- 06:18 16/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)