A metade de Pinto&Chinto é ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor. En 1993 empeza a traballar co guionista Carlos López baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto, converténdose en poucos anos nunha referencia do humor político en prensa a nivel español. Actualmente o seu traballo aparece todos os días nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia. Informa Sargadelos Barcelona.
No campo da ilustración, colaborou con algunhas das máis importantes editoriais como Everest, SM, Anaya, Kalandraka, Sotelo Blanco, Círculo de Lectores, Biblos, Combel…Tamén realizou ilustracións para as revistas El Virus Mutante, Golfiño, BD Banda, Tretzevents, ECO, y Sapoconcho.
Dende o ano 2004, iniciou a súa carreira como pintor, mostrando interese por buscar novos horizontes no campo da plástica e o deseño. As súas obras viaxaron xa a diversas cidades en varias exposicións: A Coruña (Hotel Tryp María Pita, 2005), Ourense , Ferrol (Galería Sargadelos, 2006), Santiago de Compostela (Fundación Caixa Galicia, 2004), Oeiras, Vila Real, León, Madrid e Pontevedra (Galería Sargadelos, 2007).
O vindeiro xoves 22 de febreiro inaugura en Barcelona, na Galería Sargadelos, unha exposición titulada 'Viaxes'.
INAUGURACIÓN
Exposición 'Viaxes', de David Pintor
Xoves 22 de febreiro ás 20 h
Até o 24 de abril de 2007
Galería Sargadelos Barcelona
Provença, 276
Tel.: 93 215 03 68
Horario: de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 h.
Membro de Rede.cat.