O presidente do BCE, Jean Claude Trichet, xustificou a decisión como unha medida para combater o incremento da inflación. Os tipos de xuro aumentan un cuarto de punto.
Billetes de 500 euros
Dende agora, os cidadáns dos 13 estados que comparten o euro como moeda verán acrecentadas as cotas dos seus créditos. O propio Trichet recoñeceu que os tipos xa non son baixos, senón “moderados”. Os analistas económicos cren que os xuros poderían seguir incrementándose até o 4%.
O presidente do BCE asegurou que, a pesar do aumento dos tipos, a política monetaria da Unión segue a ser “acomodaticia”. Dende decembro de 2005, o prezo do diñeiro incrementouse sete veces, en chanzos de 0,25 puntos porcentuais, dende o 2% até o actual 3,75%.