Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Esta fin de semana...

A música segue a circular polo país

O sábado á noite haberá nove concertos incluídos na Rede Galega de Música ao Vivo. Ourense, Salvaterra, A Illa, Outes, Lugo, Sarria, Vigo, Ponteareas e Melide serán as localidades afortunadas.

Redacción - 08:30 10/03/2007
Telémaco na final de GZ Crea / Foto: A Regueifa

Telémaco na final de GZ Crea / Foto: A Regueifa

O grupo folc Lume será o primeiro en subir ao escenario, neste caso ao do café cultural Auriense, na cidade das Burgas. Será ás nove. Até as once e media non comezará o seguinte concerto: o rap ordense de Dios ke te Crew escoitarase en Salvaterra do Miño, na sala Vagalume. Tan só cinco minutos despois, o cantautor Xoán Curiel actuará no Con do Moucho, na Illa de Arousa.

Á medianoite comezan catro espectáculos: o de Robín de los Estercoleros y su alegre banda de Pataphísicos irán até Outes, ao café concerto Antano. Blue Rain estará en Lugo, na sala Clavicémbalo, mentres que Telémaco ofrecerá a súa música na sala Planeta de Sarria e a Mr. Dixie Jazz Band estará no Verbum Nauticum de Vigo.

No Salón Parroquial de Ponteareas comezará ás doce e media Soak. Pechará a noite o Bukowski Trío? á unha no pub Gatos de Melide.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: