A noite de concertos da Rede Galega de Música ao Vivo comeza tarde o sábado. Os máis madrugadores empezarán a actuar ás once e media.
Marcos Pin Trío
A esta hora, os Ruxe-Ruxe ofrecerán unha actuación na sala Baranda, do Barco de Valdeorras. Simultaneamente, en Nigrán, no Clandestino, tocará Tango Project, e en Vigo, na sala Contrabajo, estará o Marcos Pin Trío.
A partir da medianoite , o grupo folc Lume chegará ao café concerto Antano, na Serra de Outes. Asemade, Ectoplasma estará no café teatro Xesteira, en Ourense; 6pm, no pub Clan de Xinzo de Limia; Soak, na sala Clavicémbalo, en Lugo; Sax Machine no Manteca Jazz de Vigo; Los Fabulosos Cubatas na sala Mogay, en Chantada, e A Matraca Perversa no Verbum Nauticum, de Vigo.
A noite do sábado 17 culminará co concerto de Kogito, no melidense pub Gatos. Xa o domingo, o trío de Marcos Pin estará en Vigo, na Casa de Arriba Pop ás dez da noite.