O sábado á noite haberá dous concertos para escoller nas localidades de Bueu e Compostela e tres en Vigo e A Coruña.
Porretas
No bar Beni de Bueu actuarán Lactantes e no bar Labranza, de Meiro, estará El Komité del Zementerio Vecinal ás dez e media. E, en Compostela, Los Iribarnes e Juanita y Los Feos chegan ao pub Cachán, mentres que o festival Ni un paso atrás comeza ás oito do serán no Multiusos Fontes do Sar. Participan nel as bandas de rock comprometido Reincidentes, Porretas, Boikot e Sonora.
A noite coruñesa contará coas actuacións de Nostatic, no Garufa; El Chivi, no Jazz Vides, e The Dragsters, na Mardi Gras. En Vigo, Skimo, Trampoline e Cuchillo chegan ás dez á Fábrica de Chocolate, Half Foot Outside e Area á Iguana Club, e Fetus in Feto, Freedom Xlave e Nenö tocan dende as dez na sala Anoeta.
Tamén haberá música noutras vilas do país. En Cangas, Ente e Día de Furia actuarán no local da Tiradoura. En Porto do Son, Pito de Pikasso participa ás once e media no concurso Musicódromo da sala Ardora. Na Serra de Outes, 96 grados intervén no pub John Turkey ás once e media. En Carballo, MEU tocará en La Reserva. E a sala DZine de San Sadurniño recibe a Raposos Mortos.
Xa o domingo, A Caricia da Serpe estará na sala Yago de Santiago de Compostela ás sete da tarde.