Continúa a xira de Fito y Fitipaldis na cidade de Lugo, mentres Aute actúa en Pontevedra.
El Vez
O Elvis hispano, El Vez chega o sábado ao Playa Club da Coruña. Na mesma cidade, Mamá Ladilla estarán na Mardi Gras. En Vigo, a oferta musical da noite compóñena: na Anoeta, Ardegan, Codename e Tevra, ás dez; na Madroa, ás nove e media, Okinawa e Nowhere to be Found; na Iguana Club, Piperrak e Kogito, e, en El Ensanche, The Jaylanders.
En Carballo estarán, ás dez e media, Cornucopia e Tío James, en La Reserva. En Camariñas, no Curveiro, Día de Furia. Até Betanzos chegará Álvaro Muras ás dez e media á sala Fórum Arts. E, en Compostela, na sala Capitol, estarán Skalariak.
Fito y Fitipaldis chegan a Lugo, onde tocarán no Pazo dos Deportes. Mentres, en Pontevedra, no Pazo da Cultura, actuará o cantautor Luis Eduardo Aute. En Tui, o segundo concerto do festival Play-Doc será na Metropol: actuarán Ljljana Buttler & Mostar Sevdah Reunion.
Rede Galega de Música ao Vivo
A programación da Rede Galega do sábado 24 será: ás nove, Niño y Pistola actúan ás nove en Ourense, no café cultural Aureinse. Ás dez e media, na Fábrica de Chocolate de Vigo, Thunn. En Cangas, ás once, Os Trasnos de Moscoso, na Salasón. Ás once e media, Snail no Vagalume de Salvaterra do Miño.
E á medianoite principian catro concertos: Bukowski Trío? na Clavicémbalo de Lugo; Pepe Vaamonde Grupo, no Planeta de Sarria; Robín de los Estercoleros, na DZine de San Sadurniño, e 6pm na Mogay de Chantada.