 
 
A crise política en Ucraína deu este luns no anuncio do presidente da disolución da Cámara, ao tempo que acusaba ao primeiro ministro de manobras irregulares.
Iuxenko fixo o anuncio despois de varias horas de reunións cos líderes dos grupos parlamentarios. A continuación, acusou tamén á maioría encabezada polo actual primeiro ministro, Viktor Ianukovich, de tomar decisións que foron contra a actual lexislación. 
  "A miña decisión está motivada pola estrita necesidade de salvar a soberanía e integridade do Estado", declarou o presidente. A última hora do luns, o Parlamento tiña unha reunión extraordinaria onde o propio presidente da Cámara advertía que a decisión de Iuxenko podería carecer de base legal.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto