Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O galego: 365 días ao ano

"Temos lingua propia, queremos vivir nela"

A Mesa pola Normalización convida a asinar o manifesto. Neste mes das Letras en plena carreira electoral, aproveitan para solicitar o compromiso municipal.

Redacción - 14:15 02/05/2007

Máis galego no ensino, máis galego na administración e máis galego nos medios de comunicación. Son os tres eixos fundamentais do manifesto promovido pola Mesa este mes de maio.

Ás portas da aplicación dunha nova norma de galeguización do ensino, subliñan que "o novo decreto consensuado debe ser cumprido integramente no próximo curso escolar". Por outra parte, reclaman que neste 2007 queden postos "sólidos alicerces" para a "plena aplicación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega en todos os concellos". En terceiro lugar, reparan na importancia dos medios públicos na loita en favor da lingua.

De xeito concreto propoñen que a TVG avance na galeguización da publicidade, de xeito que a medio prazo poida ser 100% na nosa lingua, e insisten en que se aposte por recuperar a emisora de RNE en galego, Radio 4. Do mesmo xeito, piden que as desconexións de RNE e TVE para Galiza se "equiparen" ás realizadas para Cataluña.

Actividades cara ao Día das Letras
Cara a este 17 de maio, a Mesa organiza diferentes actos nas sete cidades galegas e nas principais vilas e cabeceiras de bisbarra. A intención é chamar ao uso do galego "365 días ao ano e non só nunha data tan cargada de simbolismo ritual por parte das administracións".

As actividades terán lugar durante toda a semana do 17 e serán diferentes en cada vila e cidade, aínda que en todas se vai ler o manifesto redactado polo colectivo. Haberá desde concertos até intercambio de libros.


Ligazóns

4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: