Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANUNCIA MÁIS MOBILIZACIÓNS

A CIG cifra en máis dun 70% o seguimento da folga contra o novo horario escolar

Dende o sindicato cualifican de éxito a convocatoria e sinalan que están á espera de que Educación mova ficha

Redacción - 11:42 03/05/2007
Anxo Louzao, responsábel da CIG-Ensino

Anxo Louzao, responsábel da CIG-Ensino

O secretario da CIG-Ensino, Anxo Louzao, afirmaba a primeira hora da mañá deste xoves que a folga contra o novo horario escolar está a ser “un éxito”. Dende o sindicato nacionalista subliñan que algo máis dun 70% dos docentes de infantil e primaria (14.000 en todo o país) están a secundar o paro. Aínda que cualifican de uniforme o seguimento da protesta, especifican que nas provincias da Coruña e de Pontevedra a cifra chega até o 90%.

En declaracións a Vieiros, Louzao afirmaba que “esta folga deixa en evidencia ás organizacións que non secundaron a protesta e cremos que ten que haber unha mínima autocrítica. Sempre hai tempo para rectificar”. Tamén dixo agardar que haxa “sensibilidade democrática” na consellaría e que se recoñeza o fracaso da proposta do novo horario partido para os meses de xuño e setembro, “do contrario haberá máis mobilizacións”.


Ligazóns

3,38/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: