Recordámoslles a convocatoria: Será o día 16 de maio no Fogar do Santiso, en Luou, preto de Compostela. Haberá buses de ida e volta desde o aparcadoiro do Auditorio de Galicia. O prezo é de 25 euros, e inclúe a cea, o transporte e "diferentes sorpresas", como un espectáculo ao vivo "inesquecíbel". O prazo para anotarse remata o 4 de maio. O menú está composto de entrantes, patacas, ensalada, bebida, café, licores e, por suposto, churrasco.
A "Xente da Lingua", segundo se autodenominan, autoconvócanse e convocan a todo aquel que se sinta parte deste colectivo ao Albaroque da Lingua 2007, unha grande churrascada colectiva con motivo do Día das Letras, e "para reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización, dramático de seu mais non tanto como para impedirnos un gran momento de encontro e catarse colectiva", segundo sinalan.
Máis información no blog
Albaroque da Lingua.