Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A FISCALÍA INSTRÚE DILIXENCIAS CONTRA A CASA

A Xunta arquiva o caso do chalé da Xefa de Costas de Pontevedra

Política Territorial usa un informe do propio Servizo de Costas para rexeitar unha denuncia ecoloxista. O Concello de Sanxenxo di que a casa está en chan non urbanizábel.

Manuel Vilas - 17:15 15/05/2007

A Consellería de Política Territorial acaba de arquivar a denuncia da asociación Salvemos Pontevedra contra a casa da xefa de costas nesta provincia, Cristina Paz-Cubera. O grupo ecoloxista pide o derrube do chalé porque di que vulnera o deslinde de costas ao estar a menos de 100 metros do mar, tal e como se ve nunha foto remitida por este colectivo.

Versións contraditorias
Este punto -que o chalé érguese en terreo non urbanizábel- tamén figura nun novo informe elaborado polo Concello de Sanxenxo a raíz da denuncia, segundo explica Salvemos Pontevedra nunha nota de prensa. Malia isto, a Xunta válese doutro informe do Servizo de Costas -departamento que dirixe Paz-Curbera- que di que o chalé cumpre a legalidade.

A orixe das versións contraditorias sobre o chalé é o deslinde de costas que se lle aplica. Salvemos Pontevedra defende que é o do ano 98. Pola contra, o Servizo de Costas di -segundo Francisco Díaz, presidente dos ecoloxistas- que ese deslinde foi modificado por unha clasificación municipal posterior.

Ninguén da Xunta mediu a situación do chalé
Salvemos Pontevedra acusa á Xunta de non investigar o caso suficientemente. Así indica que ningún técnico de Política Territorial acudiu á zona de Carabuxeira a comprobar a situación do inmóbel e que “a incoherencia e falta de fundamento son tan groseiros que sobra calquera cualificación”. Por iso presentou un recurso contra o arquivo da causa na vía administrativa.

Na vía xudicial, a Fiscalía abriu dilixencias informativas a raíz dun escrito presentado polos ecoloxistas no xulgado. Vieiros contactou con Política Territorial para dar a coñecer a súa versión, pero a Xunta declinou esta oportunidade.


Documentos

Ligazóns

4,23/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: