O DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN BARCELONA
Conferencia de Manuel Rivas na Generalitat
O escritor será presentado por Josep-Lluís Carod-Rovira e no acto intervirán Julia Otero, Fernán Vello e o Xulio R. Trigo.
Redacción - 22:30 15/05/2007
O escritor e xornalista Manuel Rivas ofrecerá unha conferencia no Palau de la Generalitat de Barcelona con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o próximo 17 de maio, presentado polo vicepresidente da Generalitat, Josep-Lluís Carod-Rovira, coñecedor da lingua e da cultura galega dende que estudou literatura galega sendo mozo na Universitat de Barcelona.
Trala conferencia, farase unha lectura pública de poemas a cargo do poeta e director da editorial Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Bello, a xornalista Julia Otero e o escritor e tradutor Xulio R. Trigo, estes dous últimos asentados en Catalunya e de orixe galega.
O acto terá lugar o 17 de maio no Palau da Generalitat ás 19.30 horas e forma parte dunha programación cultural máis ampla, deseñada pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya para conmemorar el Día das Letras Galegas. Segundo nos informa a Federación, as persoas interesadas en asistir poden poñerse en contacto Centro Galego de Barcelona.