A rumba do músico menorquino xa se converteu nun grande éxito no YouTube. O A Polo Ghit catalanófono?
O cantante menorquino Miquel Mariano é o autor de Verigut, un refrescante tema de verán que se está a converter no primeiro fenómeno musical en lingua catalá do YouTube. O vídeo xa leva máis de 60.000 visualizacións nun mes e medio e xa comeza a soar nas discotecas, polo que se pode converter no ghit catalán do verán.
O tema, que fala do namoramento repentino do protagonista dunha moza estranxeira, ten como apegadizo retrouso Mai darling ínglix pitínglix / menorquin no andersten / and mai holidai is lítel / it is hot i no pai-pai. Esta é a versión karaoke:
No noso país xa temos o A Polo Ghit, o concurso para escoller a canción galega do verán convocado por Vieiros e mais a Radio Galega. Esta segunda edición xa está a contar cun importante aumento de participantes e da variedade musical.