 
Bastida, que leva seis días preso logo das protestas contra Reganosa, terá que seguir no penal de Teixeiro
Un xulgado ferrolán ratificou este martes a prisión sen fianza para Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría de Ferrol, encadeado logo das protestas dos mariñeiros contra a planta de Reganosa. Bastida entregoulle un papel manuscrito ao seu avogado no cal mostraba a súa intención de comezar unha folga de fame indefinida ao considerarse "preso político".
A xustiza acusa a Bastida, que está no penal de Teixeiro dende o pasado 30 de maio, de desobediencia á autoridade, ameazas, coaccións e desordes públicas. Bastida encabezou o bloqueo do 29 de maio que impediu a entrada do metaneiro “Mourada Didouche”.
 Desde o Comité de Emerxencia achégannos a declaración manuscrita de Bastida:   
  
  "Bernardo Bastida Sixto, P.M. Da Confraría de Pescadores de Ferrol 
  Declaro o seguinte: 
   1º.- Que non matei nin a 1 nin a 20 persoas.
2º.- Que non baleirei as arcas de ningún municipio nin entidade algunha. 
   3º.- Que o único delito que cometín foi o de cumprir co meu papel de Patrón Maior e respetar as decisións tomadas en Asemblea.    4º.- Que me considero un preso político e evidentemente, perseguido pola administración ao servizo non do pobo, senón doutros intereses.  
5º.- Que non cometín ningún dos delitos dos que se me acusa, polo que non se pode xogar coa liberdade dunha persoa. 
   6º.- Agradecer de todo corazón o apoio recibido de todos. 
      Ante isto e desde o día de hoxe, en contra dos meus desexos, como protesta e non como presión, declárome en folga de fame indefinida. É unha medida non grata, pero por desgracia non me deixan outra alternativa"
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto