 
 
No caso de que se vexan afectados moitos postos de traballo, o presidente de Adif asegurou que o goberno español estudaría a posiblidade de modificar o trazado.
Os técnicos terán a derradeira palabra sobre o grao de afección do trazado do AVE na mina de Serrabal. Así o afirmou o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, quen engadiu que todas as partes, o Goberno, o executivo español, os sindicatos e os traballadores, terán que asumir o seu informe. 
  Blanco amosouse satisfeito polo resultado da reunión que mantiveron o martes na Coruña o presidente do Adif, o delegado do goberno español, os conselleiros de Política Territorial, Industria e Traballo e os sindicatos CIG e UXT. Da xuntanza saíu o acordo de que serán técnicos independentes os que analicen o dano que causa o trazado do tren de alta velocidade aos empregos que dependen da explotación mineira. 
  O conselleiro tamén dixo que convén que as obras do AVE “comecen canto antes”, e que a súa execución “poida garantir os empregos e a actividade industrial” tanto da mina de Serrabal como das empresas de Ferroatlántica que dependen da súa extracción. 
  Esta mesma semana fixarase unha data para a reunión entre técnicos da Universidade de Oviedo -que consideran que a obra só lle afecta a un 10% da mina-, os que designe a consellaría e os que acheguen os sindicatos. No caso de que se demostre que o trazado pode destruír unha cantidade importante de empregos, o presidente de Adif, Antonio González Marín, asegurou que o goberno español estudaría unha modificación dos planos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto